Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A campaña “O que se enchufa recíclase” estará mañá e o xoves na praza roxa

A CAMPAÑA “O QUE SE ENCHUFA RECÍCLASE” ESTARÁ MAÑÁ E O XOVES NA PRAZA ROXA DA VILA DE CEDEIRA

A campaña “O que se enchufa recíclase” da Xunta de Ga­licia chega mañá -tamén estará o xoves- á vila de Cedeira con actividades dirixidas ao alumnado do colexio Nicolás del Río e outras de carácter informativo pensadas para os adultos.

Trátase dunha iniciativa que busca mentalizar a nenos e maiores de que a colaboración é im­portante na reciclaxe e de que esta tanto ten que ver coa separación de residuos en orixe como cunha boa xestión dos que se derivan dos aparellos eléctricos ou electrónicos (RAEE). E este é precisamente o obxectivo dunha campaña que se está de desenvolver en 138 concellos galegos e que dará lugar á instalación de máis de 1.000 contedores en puntos de venta de electrodomés­ticos para que a xente poida depositar desde un televisor ata un frigorífico ou unha tablet.

A praza Roxa da vila cedeirense será a referencia dunha convocatoria que dará lugar á insta­lación dun punto informativo no que un equipo de técnicos explicará aos cidadáns os dereitos e obrigas fixados no Real Decreto 110/21015 en materia de reciclaxe. Tamén haberá xogos para os máis pequenos.

No 2016 en Galicia recolléronse máis de 14.000 toneladas de residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos, o que implica unha media de 5 quilos por persoa. O incremento é notable con respecto ao 2105, no que as toneladas recollidas foron 10.600.

Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Ga­licia e os Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAPS), no que se establece o desenvolvemento de accións de información, divulgación e concienciacións para a adecuada xestión dos RAEE.