saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Una Asociación Cultural peonza leerá el pregón de las fiestas de Cedeira

Una tapa asociación cultural girar leerá el pregón de las fiestas de Cedeira

O Concello de Cedeira quere darlle ás entidades locais un maior protagonismo, tamén durante as festas patronais. Por esta razón, este ano será a Asociación Cultural Buxainas a agrupación que lerá o pregón co que dan comezo máis de sete días de citas populares, de actuacións musicais, de actividades deportivas e de celebracións relixiosas. A lectura do pregón será o venres 11, ás 20.00 horas, na praza do Concello. Os encontros festivos prolongaranse ata o día 20 de agosto.

O equipo de goberno quere así recoñecer o labor que as asociacións fan a prol da comunidade. No caso de Buxainas, valorouse o traballo de recuperación e conservación do folclore e mesmo do idioma galego, así como o feito de colaborar en moitas ocasións nas actividades organizadas polo Concello e tamén por contribuír á promoción de Cedeira con motivo das moitas saídas que realizan ao longo do ano, tanto dentro como fóra de España. A Asociación Cultural Buxainas reúne a máis de 124 persoas de moi diferentes idades que aprenden, interpretan e difunden a música popular.

O executivo local quere converter o feito de anunciar as festas no recoñecemento público que merecen as entidades que traballan en beneficio de todos. Os responsables municipais xa anuncian que en sucesivos anos serán outras asociacións as que anunciarán as festas desde o balcón da Casa do Concello.