Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A Asoc. Cultural Buxainas abre o prazo de inscrición para os seus cursos

A ASOC. CULTURAL BUXAINAS ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS SEUS CURSOS

A Asociación Cultural Buxainas abre o prazo de inscrición dos cursos organizados para nenos/as e adultos/as durante o curso 2018-2019. Trátase das clases de baile tradicional, canto e pandeireta, gaita, percusión e banda de gaitas.

A inscrición nos diversos cursos deberá realizarse no local de ensaio (Sala Áncora) os días 21 e 28 de setembro en horario de tarde.

Máis información no teléfono 630 170 176 ou no correo electrónico acbuxainas@hotmail.com