A ANPA DO INSTITUTO CEDEIRENSE PON EN MARCHA UN AMPLO PLAN DE FORMACIÓN PARA OS ALUMNOS

A ANPA O Beco, do IES Punta Candieira, puxo en marcha un amplo plan de formación para este curso, con dúas seccións. No apartado que denominan Aventúrate na creatividade, no que colabora a Deputación, inclúen actividades de robótica, drons, fotografía, gravado, efectos especiais, teatro, produción de cinema, jazz fusión, xadrez, televisión e vídeo, maquillaxe de fantasía e tapices en 3D. Vai dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato. A sección de promoción sociolaboral, para rapaces a partir de 16 anos e adultos, oferta atención sociosanitaria a dependentes e enfermos de Alzheimer, primeiros auxilios, carretillas elevadoras, prevención de riscos laborais e fruticultura, entre outros. Informan e inscriben os martes, de 16.30 a 18 horas, na oficina.

Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN A ANPA do instituto cedeirense pon en marcha un amplo plan de formación para os alumnos